Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Premiados, directivos e autoridades
Foto de Familia

Gala de entrega dos Premios Benfeito de Consumo.

Numerosas autoridades e personalidades do mundo empresarial e social galego déronse cita no Hotel NH Collection para acompañar ás empresas premiadas polas persoas consumidoras galegas.

O pasado 21 de setembro celebrouse no Hotel NH Collection de Santiago de Compostela, o acto de entrega da Primera Edición dos Premios Benfeito de Consumo, un evento que contou ademáis de coas empresas premiadas e de numerosas empresas finalistas, coa presenza do Delegado do Goberno en Galicia (Pedro Blanco), da Alcaldesa de Santiago (Goretti Sanmartín), da Delegada da Xunta en Ferrol (Martina Aneiros), do Director Xeral de Comercio e Consumo (Manuel Heredia), da Directora de Desenvolvemento Pesqueiro (Susana Rodríguez), do Director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (José Luis Cabarcos),  e do Presidente do CES de Galicia (Agustín Hernández), entre outras autoridades.

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

A xornalista, Carmen Chao e o presentador e cómico Rafa Durán, foron os encargados de conducir o evento que contou coa participación de Tonhito de Poi, autor da sintonía da Familia Benfeito e de Marcos Rodríguez, o debuxante autor dos persoeiros que compoñen a nosa familia.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

O premio á mellor empresa galega de produtos alimenticios, correspondeu a Estrella Galicia e foi entregado pola presidenta da UCGAL, Rocío Arnoso Moure e o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras; foi recollido por Antonio Viejo Puga, Director de Asuntos Corporativos de Estrella Galicia. Nesta categoría competían, ademais da empresa premiada, Clun, Aceites Abril, Pescados Rubén, e Gadis.

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

O premio á mellor empresa galega de produtos non alimenticios, correspondeu a Arenal Perfumerías e foi entregado pola directiva da UCGAL, María Devesa Maciñeiras e o Director Xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia Pérez; foi recollido por Carlos Vázquez Marzán, Director de Recursos Humanos de Arenal Perfumerías. Nesta categoría competían, ademais da empresa premiada, Automóbiles Louzao, Adolfo Domínguez, Jesús Babío e Addomo Arquitectura.

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

O premio á mellor empresa galega de produtos servizos, correspondeu a Naviera Mar de Ons e foi entregado polo directivo da UCGAL, Óscar Porral Vicente e a Alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín Rei; foi recollido polo xerente da naviera, Juan Carlos Nascimento. Nesta categoría competían, ademais da empresa premiada, Caixa Rural Galega, Nosa Enerxía, Pousadas de Compostela e Ximnasios Be One.

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Ademais das tres categorías principais, cuxos gañadores foron elixidos na fase final dos premios, logo da participación de máis de 1.000 persoas, a Directiva da UCGAL acordou entregar dúas MENCIÓNS ESPECIAIS a empresas ou entidades que destacan polo seu compromiso coa sostibilidade ou a responsabilidade social, que se enmarcan dentro da economía social, da economía circular ou da economía azul, que apostan pola economía local, promoción da cultura e lingua galega, e se esforzan en promover a sustentabilidade e a protección do medio ambiente, así como accións formativas e informativas, ou campañas de comunicación. Con estas mencións, UCGAL pretende honrar a entidades ou empresas que van máis aló do seu papel tradicional e fan unha contribución significativa á sociedade galega.

A primeira mención especial correspondeu ao Mercado de Abastos de Santiago, un destino de referencia que une nun mesmo espacio o mellor do noso campo e do noso mar. O mercado de abastos de Santiago respira a esencia da gastronomía local desde 1873 e non só proporciona produto fresco e de calidade senón que está considerado como un monumento vivo da capital de Galicia. Con servizos innovadores como os pedidos en liña ou a entrega a domicilio, este mercado histórico adaptouse ás necesidades modernas sen perder a súa alma tradicional, representando a perfecta fusión de pasado e presente e servindo como testemuño da necesidade de innovar para dar servizo ás demandas das persoas consumidoras. A mención especial foi entregada por Carolina Castro Mariña, directiva da UCGAL e pola Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo. O premio foi recollido pola presidenta da Cooperativa do Mercado de Abastos de Santiago, Marina Mazas García.

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

A segunda mención especial correspondeu a Adega Algueira, unha adega que desde os seus humildes orixes a comezos dos 80, foi posta en marcha no corazón da Ribeira Sacra por unha familia que pouco a pouco foi deixando a súa pegada no mundo do viño galego. Esta adega soubo rescatar e valorizar a riqueza das viñas esquecidas e das variedades autóctonas. En Algueira cada botella de viño é unha creación única, unha homenaxe á terra, unha celebración ao esforzo humano e unha invitación a descubrir os sabores e aromas da Ribeira Sacra. A revolución que Algueira trouxo ao mundo do viño galego non nos pasou desapercibida nin pasou desapercibida para o escenario vinícola de Burdeos. A súa participación na exclusiva poxa de La Place, onde só as mellores adegas do mundo teñen presenza, é unha mostra da súa enorme calidade e excelencia. Algueira non só representa a riqueza e diversidade da nosa terra a través dos seus viños, tamén narra unha historia de dedicación ao legado cultural e natural do territorio. Grazas a esta adega Galicia dá un paso de xigante cara á internacionalización e recoñecemento mundial do viño galego que nunca antes chegara tan alto.

 

Fernando González Riveiro (Adegas Algueira)
Fernando González Riveiro (Adegas Algueira)

 

Esta mención especial foi entregada polo secretario xeral da UCGAL, Miguel López Crespo e polo Director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), José Luis Cabarcos Corral. O premio foi recollido por Fernando González Riveiro e Ana Delia Pérez Somoza, propietarios de Adegas Algueira.

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

O acto de entrega de premios foi clausurado pola presidenta e polo secretario xeral da UCGAL, Rocío Arnoso Moure e Miguel López Crespo que agradeceron a presenza das preto de cen persoas que asistiron á gala e anunciaron a segunda edición dos premios para o próximo ano 2025.

Miguel López e Rocío Arnoso
Miguel López e Rocío Arnoso